O BNG de Ribeira convoca a mesa de peonalización

RIBEIRA> O BNG de Ribeira ven de rexistrar no concello da vila, unha iniciativa para convocar a mesa de peonalización. Con esta proposta, pretenden analizar os graves problemas de circulación e a falta de estacionamento que presenta Ribeira. Segundo explican, os atascos comezaron debido a mala xestión das obras que se están a levar a cabo no municipio. Poñen de exemplo a obra no Malecón. Os nacionalistas, entenden que non é lóxico que se comezase esta obra sen ter posto en marcha un plan de trasporte público. Ademais, o edil tamén acusa ó goberno local de estar desaparecido e de non tomar cartas no asunto. Nesta xuntanza, onde están representados diferentes colectivos de Ribeira, o BNG vai a propoñer unha nova alternativa. Pérez Barral critica tamén o mal estado no que se encontran os novos aparcadoiros instalados na vila, calificándoos de “leira-parkings”. Xa que asegura están sen sinalizar, sen iluminación e co firme deteriorado.