Marta Sánchez, cabeza de cartel do San Bartolomeu de Noia

NOIA> Un ano máis as festas de San Bartolomeu encherán as rúas e prazas de Noia. Marta Sánchez será a cabeza de cartel desta edición que, como de costume, está repleta de artistas locais e nacionais. Cantantes como Soraya, Tamara ou Henry Méndez. Grupos como La Edad de Oro del Pop Español. Orquestras como París de Noia ou Combo Dominicano. Unha variedade de estilos musicais, no que pretende ser unha festa para todos os públicos. Ademais da música, en San Bartolomeu tamén haberá tempo para outras actividades, como son a Festa da Empanada, o Día da Pesca ou o Día da Bicicleta. Desta forma, maiores e cativos poderán gozar da festa en familia. O pregón correrá a cargo do actor galego Antonio Durán ‘Morris’. Desta forma, dende Noia tamén queren homenaxear o recentemente falecido Ernesto Chao, que sempre estivo vinculado cos actos culturais da vila. O pregón terá lugar o xoves, á unha e media da tarde, no balcón do Concello. Este ano o encargado de cerrar as festas será David Amor, na dezaoito edición da Noite de Berros. Os fogos artificiais serán tamén o domingo, ás doce da noite.