O BNG denuncia a discriminación no uso do Coliseo Noela

NOIA> Polémica en relación ó uso do Coliseo Noela. Tralo peche das instalacións por incumprimento da normativa de seguridade, o BNG denuncia que alí se están a realizar actividades de entroido. Pola contra, o concello denegou a solicitude dos nacionalistas para desenvolver un acto no Coliseo o vindeiro venres.

O pasado catro de febreiro, o BNG de Noia solicitaba o Coliseo Noela para a celebración dun acto para o día 28. O concello denegou a solicitude alegando que estaría pechado por mor das obras de adecuación determinadas pola inspección de Industria. Sen embargo, os nacionalistas denuncian que esta mesma fin de semana, o coliseo acolleu un concerto.

Segundo os nacionalistas, esta negativa constitúe un intento de silenciar a problemática medioambiental das minas de San Finx, temática sobre a que xira o acto organizado polo BNG.

O BNG denuncian ademais o agravio comparativo que supón a negativa a utilizar as instalacións do Coliseo cando se autoriza o seu uso a outros grupos políticos e asociacións do municipio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí