O PP lanza a súa campaña “en positivo” e propón a creación dun clúster Cultural

Pontevedra> O presiente do PP en Pontevedra comezou hoxe a presentar a súa campaña en positivo. Rafa Domínguez elixiu a cultura como o primeiro tema a tratar. Para isto propón a creación dun clúster Cultural como un dos motores económicos para a cidade do Lérez. E ademais, tamén propón a creació dun espazo cultural Municipal baixo o nome Alexándre Bóveda.

O presidente do PP en Pontevedra presentou a súa campaña en positivo unha campaña que inicia centrándose no sector cultural da cidade.

Rafa Domínguez cree imprescindible a necesidade de potenciar a cultura como un dos motores económicos para Pontevedra.

E entenden que para que isto sexa posible é necesario crear un clúster Cultural na Boa Vila.

Dende as filas popualres propoñen tamén a creación da Casa da Cultura Municipal Alexándre Bóveda, un espazo que acoller a todos os sectores involucrados neste eido e que estivera situado no antigo edifico de Facenda na cidade.