A Illa de Arousa réndese ao sabor da ameixa ‘roja’

A ILLA> A ameixa ‘roja’ conquista A Illa de Arousa. A novena edición da festa vaise celebrar esta vindeira fin de semana no paseo do Xufre. A organización conta con repartir máis de 2.000 racións. Todo o recadado irá parar ó Club de Baloncesto Dorna.

Hai quen a denomina encarnada, hai quen a coñece como rubia e hai outros que lle din ‘roja’. Chámenlle como lle chamen o importante é que esta fin de semana esta variedade de ameixa celebra na Illa a súa festa.

A intención da organización é repartir nesta novena edición máis de 2.000 racións de ameixa. Ela, como non podía ser doutro xeito será a protagonista. Así e todo, a cita complétase ademais con outros pratos pensados para tódolos padais.

A organización corre este ano a cargo do Club de Baloncesto Dorna, para quen irán destinados os cartos que se fagan na festa. O alcalde insular aproveitou hoxe para recoñece-lo traballo da entidade deportiva. Para o Dorna, as vendas desta festa poden chegar a supoñe-lo 30% do seu orzamento nunha tempada.