Ribeira estrea novo modelo de cabalgata, máis vistosa e inclusiva

RIBEIRA> En Ribeira teñen todo preparado para recibir ós Reis Magos o próximo día 5. Chegarán en dorna á capital do Barbanza para percorrer posteriormente en carroza as principais rúas do casco urbano. En caso de chuvia realizarase unha recepción no auditorio.

Ribeira estreará este ano un novo modelo de cabalgata. Seis novas carrozas de gran tamaño compoñen a comitiva que irá acompañada dunha 300 persoas, cinco charangas e unha banda de música. destaca ademais o gran espectáculo de Cabalos de Luz e outros personaxes de animación infantil

O percorrido será similar ó de outors anos. Tras chegar en Dorna ó porto, as súas Maxestades iniciarán o percorrido dende a Rúa Canarias, en dirección a Padín, o malecón, Romero ortiz e Rúa de Galicia. Ademais do reparto de 2500 quilos de caramelos, os asistentes poderán disfrutar de varios espectáculos de fogos de artificio durante o percorrido que rematará na praza de España.

A intención do concello é que a cablagata poida saír a pesar das malas previsións meteorolóxicas. Non descartan, sen embargo, ter que acurtar o percorrido ou trasladar os actos ó auditorio.