A Marea Cidadá de Noia demanda un plan integral para rexenerar a ría

NOIA> A Marea Cidadá de Noia denuncia o despilfarro de fondos públicos que supuxo a dragaxe realizada no peirao do Marqués. Propoñen a execución dun plan integral de saneamento, en lugar de parches que non contribúen a acabar coa acumulación dos lodos. As deputadas de En Marea, Paula Quinteiro e Carmen Santos, visitaron Noia para coñecer de primeira man o resultado dos traballos de dragaxe desenvolvidos por Portos na zona da ría próxima ó peirao do Marqués. O voceiro da Marea Cidadá explicou que os trescentos mil euros investidos nesta actuación non tiveron como consecuencia a mellora dos fondos nin a apertura de correntes. Agora, a piques de iniciarse unha segunda fase, orzamentada tamén en trescentos mil euros, a Marea pide un proxecto de rexeneración integral que garanta a efectiva rexeneración da ría. Precisamente, a través das deputadas de En Marea, levarán a cuestión ó Parlamento demandando  un plan integral de saneamento da ría de Noia.