O concello de Rianxo acondiciona os puntos principais do roteiro arqueolóxico

RIANXO> O concello de Rianxo traballa no acondicionamento de varias zonas de interese arqueolóxico. Este mércores iniciáronse as tarefas de desbroce e limpeza na contorna dos petroglifos dos Mouchos.Operarios municipais iniciaban esta mañá os labores de desbroce nas inmedicacións do petróglifos dos Mouchos. Facíano baixo a supervisión do arqueólogo Xulián Bustelo, encargado tamén de realizar manualmente as tarefas máis delicadas para evitar posibles danos ó xacemento. Tras esta primeira actuación nos Mouchos, os traballos terán continuidade na Foxa Vella,seguindo nas mámoas das Campiños e Monte Pelotiño ata o Monte Picouto en Burés, completando así o roteiro arqueolóxico do municipio. Tras estas pequenas actuacións, a intención do concello nun futuro é adquirir as propiedades nas que se asentan estes restos patrimoniais para deseñar un completo itinerario cultural centrado no megalitismo e arte rupestre.