Os #Pontelovers propoñen diferentes ideas para fomentar o turismo na cidade

PONTEVEDRA> A plataforma #Pontelovers continúa a traballar de cara á nova normalidade. A concelleira de Promoción Económica e Turismo de Pontevedra mantivo onte unha Mesa de Turismo con varios representantes do sector.

Nela, expuxéronse diferentes ideas de cara á desescalada. Entre elas destaca o fomento do turismo local con estadías de duración media. Tamén a realización de enquisas e o lanzamento de bonos de desconto. Ademais, o sector traballa xa no desenvolvemento dunha aplicación móbil para xestionar todas as reservas. Diferentes suxestións que serán valoradas polo goberno municipal e que poderían entrar en funcionamento nas vindeiras semanas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí