O túnel do terror do Sánchez Cantón borra a fina liña entre os mortos e os vivos coa súa Porta do Alén

PONTEVEDRA> O Instituto Sánchez Cantón de Pontevedra non faltou á súa tradicional cita co Samaín. O alumnado do módulo Tempo de Lecer encargouse un ano máis de dar forma ao seu particular Túnel do Terror. Unha proposta que desta volta estivo dedicada á cultura galega e ao seu imaxinario máis terrorífico.

Meigas, lobishomes, a santa compaña e mesmo o diaño en persoa.

A porta do alén abriu no instituto Sánchez cantón.

Durante dúas xornadas camparon ás súas anchas, borrando a fina liña que separa o mundo dos mortos e dos vivos.

E repartindo sustos a todo aquel que se cruzou nos seus camiños.

A porta do alén foi a temática do túnel do terror do Sánchez cantón deste ano. Todo un clásico polo Samaín.

Da idea, dos decorados e mesmo da animación encárgase o alumnado do módulo Tempo de Lecer. O que comezou sendo un proxecto de clase, xa é unha data imperdible no instituto.

Non se preocupen. Tralo Samaín a Porta do Alén pechará devolvendo a estas criaturas ao seu mundo. Pero téñano claro: volverán no 2026.