PONTEVEDRA> Desta concentración e da que está convocada para mañá en Pontevedra falou hoxe o candidato popular á alcaldía. Rafa Domínguez anunciou que asistirá á manifestación que sairá ás 20.30 horas da Estación de Autobuses acompañado doutros membros do partido.
O candidato do Partido Popular á alcaldía apoiará mañá aos traballadores de Ence na manifestación que está convocada para ás 20.30 horas da tarde. Rafa Domínguez asistirá acompañado doutros membros do grupo local e tamén do vicepresidente da Xunta de Galicia.
Rafa Domínguez mostrouse tamén indignado cos últimos datos da EPA, nos que se rexistra unha taxa de paro do 17,3% en Pontevedra.
Para o Partido Popular, o principal problema da cidade é o desemprego e, co peche da pasteira en Lourizán, o candidato á alcaldía está convencido de que empeoraría esta situación.