Lanzan unha campaña solidaria de recollida de material escolar para familias sen recursos

VILAGARCÍA> A volta ó cole faise, para moitas familias, un auténtica costa arriba. Para os máis necesitados, a Fundación Amigos de Galicia lanzou unha campaña de recollida de material, para que tódolos nenos poidan regresar ás clases con mochila, bolígrafos e libretas. Na zona do Salnés veranse beneficiados preto dun cento  rapaces.

‘Nas súas mochilas, os seus soños’, ese é o nome da nova campaña solidaria da Fundación Amigos de Galicia. A iniciativa busca facerse con material escolar para repartir entre os nenos e nenas das familias con menos recursos. O colectivo está facendo paquetes de material adaptado a cada idade: para infantil, primaria e ESO.

A campaña aínda está en marcha, así que dende o colectivo fan un chamamento a que aquelas persoas que o desexen colaboren aportando o seu grao de area. Na zona do Salnés, polo de agora, preto dun cento de nenos vai recibir esta mochila solidaria.

Dende Amigos de Galicia salientan que, arestora, o que máis precisan son paquetes de folios, gomas de borrar, lapis, bolígrafos negros e vermellos e lapis de cores. Polo de agora aínda están a tempo de face-las súas doazóns: os puntos de recollida continuarán operativos aínda uns cantos días máis.