A Xunta entregou os premios Agader 2018

GALICIA> A Xunta de Galicia entregou este mediodía os premios Agader 2018. O certame cumpre a súa novena edición, volvendo a premiar as iniciativas de desenvolvemento rural que se levan a cabo en diferentes puntos da comunidade.

Este ano, os oito premiados foron: Levinred, Festival de la Luz, programa de atención ao medio rural de AFAOR e Viña Costeira, Turisa Galicia, Veigas de Sabugueiro, Trasdeza Natur, Cooperativas Lácteas Unidas e o proxecto de posta en valor da terra para a produción hortícola desenvolvido por Cristina Bañobre.

Estas iniciativas foron premiadas con 10.000 euros cada unha.