PONTEVEDRA> Crece o emprego en Galicia. Así o anunciou esta mañá o conselleiro de Economía, Emprego e Industria. Francisco Conde participou hoxe en Pontevedra nunha sesión de networking xunto aos colectivos AEMPE e AJE. O responsable autonómico aproveitou o acto para poñer en valor os datos rexistrados na nosa comunidade no mes de febreiro.
Estar preto dos autónomos e empresarios para coñecer as súas necesidades. Ese era o obxectivo principal desta sesión. O conselleiro de Economía, Emprego e Industria participou esta mañá nunha networking con AEMPE e AJE. No encontro, Francisco Conde informou de todas as iniciativas postas en marcha polo goberno autonómico e, en especial, daquelas dirixidas para os máis novos.
Francisco Conde aproveitou este acto para dar a coñecer os datos de emprego e para recordar que Galicia é a segunda comunidade autonómica onde máis baixou o paro no mes de febreiro.
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria non quixo pasar por alto a incerteza que existe actualmente na política enerxética. En concreto, na provincia de Pontevedra.
Neste eido, o conselleiro pediu ao Goberno central que rectifique as súas políticas que xeran inseguridade xurídica e que responda as necesidades dos galegos e galegas.