A rúa Tenente Domínguez, de acceso á Toxa, volverá ser totalmente transitable antes da Festa do Marisco

O GROVE> No Grove, o concello aproveita a instalación da canalización de gas pola rúa do Tenente Domínguez, para acometer tamén unha mellora na rede de abastecemento de auga. A vía volverá ser totalmente transitable antes de que comece a Festa do Marisco.

Nesta rúa do Tenente González, de titularidade autonómica, a Xunta autorizou a instalación das tubaxes de gas. Aproveitando esa obra, o Concello do Grove decidiu tamén levar a cabo melloras  na rede de abastecemento de auga. A actuación parte dunha lóxica: facer a un tempo tódalas obras para non ter que volver levanta-la rúa no futuro. A obra permite, ademais, dar resposta a un problema que se repetía nesta rúa cada certo tempo.

Agárdase que estea rematada a vindeira semana. Con todo, segundo as estimacións  municipais, o reasfaltado da vía podería quedar suspendido ata despois da Festa do Marisco. Iso non impedirá, así e todo, transitar por esta rúa durante o evento gastronómico. A actuación terá un custo para o Concello de 80.000 euros.