RIBEIRA> Tonhito de Poi volverá guiar ós visitantes polos Mitos e Lendas de Ribeira. O concello pon en marcha a segunda edición desta ruta que se desenvolverá nos meses de abril, maio e xuño. Ademais dun itinerario guiado, os asistentes gozarán dun concerto e degustación gastronómica.
O éxito da pasada edición levou ó concello de Ribeira a volver a apostar pola Ruta de Mitos e Lendas. Aínda que Tonhito de Poi repite como mestre de cerimonias, a novidade reside no itinerarios, distinto do pasado ano e aínda por desvelar. Tan só sabemos que será un traxecto de dous quilómetros, cunha duración aproximada de hora e media e que cada sesión rematará cun concerto e uns pinchos disfrutando da posta do sol.
Tamén cambian as datas e mentres que a pasada edición tiña lugar durante o verán, as catro rutas deste ano desenvolveranse entre abril e xuño para desestacionalizar o turismo.
As sesións están previstas para o 12 de abril, o 3 e o 24 de maio e o 21 de xuño ás seis e media da tarde. Son de balde pero é necesario reservar praza previamente na oficina de Turismo.