O Fórum RIES 2018, que se celebrará en Pontevedra, contará coa participación de máis de 300 persoas

Pontevedra> A Casa das Campás e o Pazo da Cultura de Pontevedra serán os escenarios principais onde o Clúster de Saúde de Galicia celebrará os días 24,25 e 26 de outubro a terceira edición do seu Fórum RIES. Unha cita que reunirá a máis de 300 asisentes e onde a temática elixida neste 2018 será: cidades intelixentes, saudables e amigables.

300 persoas asistirán ao Fórum de Retos Internacionais do Ecosistema de Saúde que terá lugar en Pontevedra durante os días 24,25 e 26 de outubro. Un Fórum que terá como temática principal nesta ocasión: cidades intelixentes, saudables e amigables.

Un Fórum que busca varios obxectivos…

As xornadas abriranse o día 24 na Casa das Campás cun acto de presentación de expericencias innovadoras de empresas de Pontevedra. O día 25 terán lugar no Pazo as ponencias, mesas redondas e a presentación de comunicacións. Destaca dentro do Fórum a participación dun panel de expertos no se que darán a coñecer as experiencias urbanas de Pontevedra, NIza, Oporto, Tel Aviv ou Tallin.