Gran expectación na Audiencia ante o xuízo dos “Miguelianos”

Pontevedra >Gran expectación a que levantou nesta xornada o xuízo do coñecido caso dos Miguelianos que acolle a Audiencia Provincial de Pontevedra durante estes días. Un xuízo que maña continuará coa declaración do principal acusado, de Miguel Rosendo. O tribunal decidiu nesta xornada continuar coas datas previstas malia petición da suspensión do mesmo polo avogado da defensa.

Gran expectación a que levantou nesta xornada o coñecido xuízo dos Miguelianos. Unha cita que se está a celebrar na Audiencia de Pontevedra e que seguirá o seu curso pese a que os avogados da defensa pediron a súa suspensión. A xornada de hoxe foi unha mañá de cuestións previas. Dende a acusación particular, que representa a familiares e ex membros da orde amosáronse satisfeitos con esta resolución.

O avogado de Miguel Rosendo amouse satisfeito porque dende hoxe na bancada dos acusados xa non están nin a muller nin o fillo de Miguel Rosendo, ademais o letrado dixo que ten claro que neste caso a sentenza está moi clara, que o seu cliente quedará en liberdade porque non hai delito.

A avogada de dúas das acusadas considera que é inxusto que non se podan utilizar todas as probas que está sobren a mesa neste caso.

Algo co que coiciden a súas clientas quenes se amosan inocentes de todo o que se lles acusa.

Un xuízo que se retomará mañá a primeira hora, ás 10,  coa declaración do principal acusado, de Miguel Rosendo,  que xa leva 4 anos en prisión preventiva e que durante estes días estará, baixo vixianza, na cárcere da Lama.