Pontevedra conxela taxas e impostos municipais por oitavo ano consecutivo

PONTEVEDRA> O concello de Pontevedra conxela taxas e impostos municipais para o ano 2022. Por oitavo ano consecutivo os petos dos pontevedreses non sufrirán ningún incremento. A intención do goberno local é, explican, diminuír a presión fiscal sobre a veciñanza nun ano no que os prezos de materias primas, produtos de primeira necesidade ou a electricidade, subiron de media un 4%.

Os pontevedreses pagarán o mesmo en taxas e impostos municipais no 2022. O concello decidiu manter conxelados estes gravames por oitavo ano consecutivo.

Deste xeito, o goberno local quere aliviar un pouco os petos da veciñanza. No último ano os prezos subiron un 4% e as previsións apuntan a que o IPC continuará en ascenso.

Con esta decisión, os pontevedreses aforrarán dous millóns de euros que non se ingresarán nas arcas municipais. Segundo as contas do concello, o cobro de impostos permite contar con 30 millóns de euros. Se se lle aplicara a suba do 4% do IPC, ascendería en 1 millón 200 mil euros. En canto ás taxas, supoñen 19,5 millóns de euros que sumarían 800.000 máis de aplicarse a subida.

O concello xa traballa na elaboración dos orzamentos para o 2022. Un ano con variables novas como a sentenza do Tribunal Constitucional que anula o imposto municipal de plusvalía e os incrementos da factura da enerxía eléctrica, que podería elevala ata os 2 millóns de euros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí