Prescriptores mexicanos coñecen Rías Baixas sobre o terreo

MEIS> Prescriptores mexicanos visitaron estes días a Denominación de Orixe Rías Baixas. Arrincaron na subzona da comarca de O Salnés, para coñercer de primeira man os viños, os viñedos e adegas, e falar directamente cos responsables das elaboracións. Na actualidade, México é o sexto país ao que máis exporta Rías Baixas.

220.000 litros de viños de Rías Baixas voaron o pasado exercicio cara México. O país americano é o sexto mercado ao que máis exporta a Denominación de Orixe, e o Consello Regulador quere estreitar esta relación. Por iso, estes días reciben un grupo de sete profesionais.

Este luns visitaron a subzona de O Salnés. Os Rías Baixas non son alleos para este grupo de expertos, que recoñece que os viños deste selo de calidade están a coller cada vez máis peso no seu país.

Para estes prescriptores, os Rías Baixas son viños  que atraen tanto ao consumidor con experiencia no mundo vitivinícola como aos que acaban de chegar a el. Este público é moi frecuente en México, por iso o Consello Regulador confía na súa potencialidade.

A visita prolongouse ata o xoves, e nestes días coñeceron outros aspectos da cultura galega, como a gastronomía.