RIANXO> O Club de xubilados de Rianxo denuncia que leva semanas sen luz na zona portuaria na que se asenta o seu local. Atribúen este problema co alumeado a unha presunta medida de presión de Portos para que desaloxen o baixo da confraría, tal e como obriga unha sentenza xudicial. Os xubilados rianxeiros denuncian deficiencias no alumeado da zona portuaria. Din que hai varias semanas que deixaron de funcionar os cinco puntos de luz que iluminaban a entrada do seu local, cos consecuentes riscos da seguridade. A pesar dos reiterados requirimentos a Portos de Galicia, de momento non se procedeu a subsanar o problema do alumeado polo que sospeitan que pode tratarse dunha medida de presión do ente autonómico para lograr que os xubilados abandonen o local. Unha sentenza obriga a desaloxar este baixo, propiedade da confraría. A este respecto, dende Portos de Galicia informaron que está en tramitación a contratación do mantemento eléctrico de todo o porto, dado que a lei de contratacións públicas impide a realización de obras puntuais e obriga a sacar a concurso o servizo. Aínda así, x solicitaron unha reparación de emerxencia para o arranxo de dúas das farolas fundidas. Desminten de xeito tallante que se trate dunha medida de presión; máis tendo en conta que Portos recorreu dúas veces a sentenza en contra dos xubilados polo que non está dacordo que con que deben ser desaloxadas. Aínda así, vese obrigado a dar cumprimento á sentenza xudicial.
Inicio BARBANZA