O delegado do Goberno visita o Grupo de Reserva e Seguridade da Garda Civil

Pontevedra. O Delegado do Goberno en Galicia visitou esta mañá o Grupo de Reserva e Seguridade da Garda Civil, en Pontevedra, con motivo do seu trixésimo aniversario e coa semana na que este Corpo homenaxea a súa patroa. Javier Losada quixo salientar que esta unidade da seguridade a cidadanía operando nos momentos máis difícile e de maior necesidade con persoal preparado.
Con motivo do 30 aniversario do Grupo de Reserva e Seguridade da Garda Civil situado en Mourtente, no concello de Pontevedra, e aproveitando a celebración da patroa deste Corpo, a virxe do Pilar, o delegado do Goberno en Galicia visitou nesta xornada este espazo. O fin poñer en valor a seguridade coa que contan os españois grazas a este corpo.
Javier Losada quixo destacar que os cidadáns deben de saber que todos os integrantes da Garda Civil velan en todo o territorio pola coordinación, pola integración e pola defensa das liberdades e da seguridade.
Durante a súa estancia, o Delegado, visitou unha exposición do material e medios que utilizan estes axentes nos seus adestramentos e intervencións diarias e ademais tamén asistiu a unha demostración dun exercicio táctico referido ao Plan Específico de Instrución, unha mostra centrada na neutralización dun atentado por parte dun siposto terrorista que atenta contra as persoas, unha demostración que pon en valor a capacidade humana e de resposta deste corpo de seguridade.