Ence aposta por “mellorar a xestión das plantacións de eucalipto aumentando a súa produtividade”

Pontevedra.  A Sala de Conferencias de Afundación, en Pontevedra, acolleu unha xornada sobre “Os Factores necesarios para asegurar a sostenibilidade do monte galego”. Unha xornada onde o conselleiro delegado de Ence afirmou que mellorar a xestión das plantacións de eucalipto aumentando a súa produtividade seria suficiente para atender a demanda de eucalipto da industria.

O edifico de Afundación acolleu neste xoves  unha xornada centrada nos factores necesarios para asegurar a sostenibilidade do monte galego.

Unha xornada moi importante que contou con coñecidos ponentes e especialistas nesta materia.

O conselleiro delegado da empresa ENCE dixo nesta xornada que mellorar a xestión das plantacións de eucalipto aumentando a súa productividade, e mellorar parte de aquelas superficies que estean abondadas sería suficiente para atender a demanda de eucalipto da insdustria sen necesidade de incrementar as hectáreas adicadas ao eucalipto e incluso asumindo certa diminución.

Os estudos que Ence realizou nos últimos anos revelan que en Galicia hai na actualidade unhas 134 mil hectáreas de eucalipto sen xestión ou cunha xesitón moi deficiente e que son un perigo de incendio. Colmenares tamén indicou que será necesario que a Administración Pública compense ao propietario polo coidado e limpeza das hectáreas que deixan de ser eucaliptales para evitar incendios, e facendo desta maneira viable a plantación de especies autóctonas.