Pontevedra di ‘non’ ao machismo

Pontevedra. Centos de persoas asistiron en Pontevedra a concentración convocada pola Deputación contra o Machismo institucional. Unha cita onde se demandou, unha vez máis, a dimisión do alcalde de Vilanova, tras referirse á presidenta do ente provincial como chacha para todo.

Máis de medio millar de persoas se concentraron en Pontevedra para rechazar o machismo institucional e solicitar a dimisión do alcalde de Vilanova tras referirse á presidenta como a chacha para todo de Abel Caballero.

Alcaldes e representantes dos Gobernos locais de a lo menos 15 municipios gobernados polo PSOE e o BNG, así como o secretario xeral do PSdeG tamén asitiron a esta concentración. Nun comunicado lido nesta concentración denunciaron que lonxe de arrepentirse Gonzalo Durán reafirmouse nas súas declaracións, algo que en política non se debe de permitir.

A presidenta da Deputación evitou asistir a esta concentración onde si que estiveron presentes a súa nai e a súa irmá. Un acto onde se insistiu na necesidade de botar fora das nosas vidas o machismo. Unha concentración, que tal e como dixo a presidente en declaracións pola mañá, non foi convocada para defender a súa honorabilidade, senon a dignidade de tantas mulleres invisibilizadas que non teñen o altavoz que a ela lle da o seu posto.