Satisfacción entre os veciños do Corrillo trala paralización do proxecto do gas

BOIRO> Satisfacción entre os veciños do Corrillo tralo anuncio da Xunta de que non se autorizará a instalación dos depósitos de gas no casco urbano de Boiro. Entenden que a mobilización veciñal foi clave para frear o proxecto. A Plataforma de Afectados polo Gas de Boiro agradeceu a implicación de tódolos veciños para lograr que finalmente non se implanten os depósitos na zona do Corrillo. Tamén resaltaron a solidariedade doutras plataformas e o apoio de determinadas formacións políticas que apoiaron a súa causa. Ante a intención da empresa de buscar un novo emprazamento para os depósitos, os veciños agardan que non se autoricen en zona urbana. Entenden que o polígono de Espiñeira é o lugar axeitado para este tipo de instalación. De non ser así, non descartan novas medidas de presión.