O Plan de Sostibilidade Turística inxecta a Muros-Noia dous millóns de euros

LOUSAME> A Directora Xeral de Turismo de Galicia visitou o miradoiro do monte da Muralla, en Lousame, para coñecer máis a fondo os proxectos impulsados pola asociación rural de desenvolvemento da ría de Muros Noia no marco do Plan de Sostibilidade Turística en Destino.

Facer de Galicia un destino máis sostible e competitivo. Este é o principal obxectivo do Plan de Sostibilidade Turística en Destino do que a asociación rural de desenvolvemento ría de Muros Noia resultou beneficiaria.

Ademais das melloras no miradoiro de Pico Muralla, o proxecto engloba outras actuacións como o reforzo da senda litoral da ría con novos treitos peonís e de carril bici así como zonas de autocaravanas e bicicletas. Contémplase a reordenación de espazos emblemáticos como o Ancoradoiro en Muros, o conxunto do Obre e A Chaínza en Noia ou a apertura de treitos históricos do camiño xacobeo actualmente en desuso.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí