GALICIA> O rural na nosa comunidade é fundamental para entender o que somos e onde imos. En dúas palabras é Marca Galicia. Conscientes de isto dende a Consellería de Economía, Emprego e Industria están a traballar nunha liña de axudas que permite que proxectos como o de Fernando e os seus socios, tradicional pero novedoso, adaptado ao mercado actual, poida ser unha realidade máis pronto que tarde.
Este programa de axudas chámase Galicia Rural Emprende, e este ano cumpre a súa segunda edición, coa que o ente autonómico, a través do Igape, pretende apoia a diversificación produtiva mediante actividades non agrícolas no rural. A axuda consiste nunha achega que vai dos 20.000 aos 70.000 euros e o programa está cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural para Galicia 2014-2020.
Grazas ao asesoramento que se presta nos coworking e ao financiamento da Administración autonómica a través de programas como neste caso proxectos como o de Francisco son unha realidade que comeza a dar os seus primeiros froitos, nun entorno próximo a Santiago de Compostela.
A Administración autonómica esgotou o crédito previsto para esta convocatoria e resolveu axudas por un importe total de 4,46 millóns de que permitirán mobilizar preto de 7,8 millóns entre 74 proxectos empresariais de emprendedores e autónomos.
Unha liña de axudas moi necesaria para sacar adiante proxectos como Anforum, o glampin ou Artio, que pertence a Juan e os seus socios, e que quen sabe, pode chegar a ser unha bebida de referencia entre os deportistas, ao destacar na súa composición a auga de mar da Ría de Arousa.
Os proxectos aprobados na provincia de Pontevedra son 25 e o investimento mobilizado alcanza os preto de 2,6 millóns de euros, dos que 1,5 millóns correspóndense coas axudas concedidas pola Xunta.