Éxito de público e vendas na Feira do Libro de Rianxo

RIANXO> Pero ademais de rica gastronomía, coa celebración da Festa da Xouba, Rianxo tamén acollía esta pasada fin de semana unha nova edición da Feira do Libro, organizada pola Federación de Librarías de Galicia.

A feira pechábase onte luns, despois de varios días con múltiples actividades. Ademais de presentacións ou sinaturas de libros a cargo de destacados autores como é o caso de Eduard Velasco, María Rey, Xesús Rábade Paredes ou Marisa Vidal, entre outros, tamén houbo espectáculos para os máis pequenos con sesións de maxia, contacontos e diversos obradoiros e actuacións musicais.

Na edición deste ano tomaron parte un total de seis librarías, entre elas dúas da localidade, a libraría Cándido e a libraría Ben.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí