O BNG leva ó Parlamento a problemática situación pola que atravesa a flota do cerco

BARBANZA> A través dunha pregunta por vía de urxencia ó conselleiro do Mar, o BNG levará mañá ó Parlamento a crítica situación pola que atravesa a flota do cerco, cun número importante de barcos amarrados a porto a estas alturas do ano, como consecuencia das raquíticas cotas en especies como a sardiña, o xurelo ou a xarda.

Os nacionalistas culpan desta situación tanto ó Goberno Central coma Autonómico, que están a dar, unha vez máis, as costas ó sector, ós que lles pide unha renogociación das actuais cotas, na busca de solución máis vantaxosas para a flota galega.

Pero non só iso. Os nacionalistas esixen tamén o pago inmediato ós afectados das axudas do 2023 polo paro biolóxico do xurelo, que a día de hoxe aínda non percibiron.