RIBEIRA> O concello de Ribeira disporá dun novo elemento de planificación a nivel urbanístico. A corporación municipal aprobou este mediodía o plan de acción da axenda urbana de Ribeira Atlántica.
Acordo unánime da corporación municipal para impulsar a axenda urbana, un novo elemento de planificación da Ribeira do futuro con dez obxectivos fundamentais.
O documento é froito dunha serie de mesas de traballo así como dunha enquisa cidadá realizada a través dunha enquisa na web municipal. Xurdía entón un primeiro borrador ó que se foron incorporando as suxestións do resto dos grupos da corporación. O plan de acción aprobado hoxe constitúe un documento aberto que irá perfeccionándose ó longo do tempo e en función dos cambios na sociedade.