BOIRO> O BNG de Boiro denuncia o gasto de fondos públicos na edición dun folleto municipal que repasa os logros do PP nestes anos. Para os nacionalistas trátase dun panfleto con fins electoralistas que debería ser financiado polo Partido Popular. Segundo os nacionalistas, a publicación municipal non é máis ca un panfleto electoralista do PP polo que non debería estar financiado con fondos públicos. Ademais da utilización electoralista da revista critican os contidos. Din que se venden proxectos aínda sen concretar como o futuro centro de remo ou a rehabilitación do pazo de Goiáns que non está en condicións de ser visitable. Insisten os nacionalistas en que moitas das obras que recolle xa estaban orzamentadas ou en proxecto hai varias lexislaturas e, que moitas delas, nin sequera chegaron a término nestes case oito anos. moitas das obras que recolle xa estaban orzamentadas ou en proxecto hai varias lexislaturas e, que moitas delas, nin sequera chegaron a término nestes case oito anos.
Inicio BARBANZA