A Deputación afronta unha nota etapa na que a igualdade e o medio ambiente serán os eixes principais

PONTEVEDRA> Carmela Silva foi reelixida esta mañá como presidenta da Deputación de Pontevedra. O PSOE e o BNG continuarán gobernando en coalición durante os vindeiros 4 anos. Unha nova etapa na que todos os partidos tenderon a súa man para seguir colaborando polo interese da cidadanía.

Carmela Silva volverá a ser a Presidenta da Deputación durante os vindeiros 4 anos. O acordo de goberno entre o PSOE e o BNG fixo posible que Carmela volvese a ser investida esta mañá para seguir liderando a institución provincial. Unha nova etapa que comeza e na que a igualdade e o medio ambiente serán os dous eixes principais.

O apoio á diversidade, a loita contra o despoboamento, o turismo, o desenvolvemento económico e a aposto polo Plan Concellos serán tamén as liñas polas que camiñará a Deputación durante estes 4 anos. Carmela Silva tamén quixo aproveitar a ocasión e enviar unha mensaxe á Xunta de Galicia.

Tanto o voceiro do BNG como o do PP destacaron nas súas intervencións a importancia de seguir traballando por e para os cidadáns. E, mentres César Mosquera falou de humildade e sensatez, Jorge Cubela apostou pola renovación e a colaboración.

O acto, que se pechou co himno galego, serviu para demostrar que a transformación da provincia está en marcha e, que segundo a Presidenta da Deputación, é un cambio imparable.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí