Os orzamentos da Xunta destinan doce millóns de euros ó Barbanza

BARBANZA> Un dos concellos máis beneficiado polos orzamentos autonómicos é o de Porto do Son con investimentos por valor de sete millóns de euros. Destinaranse á reordenación da fachada marítima, a depuradora de Queiruga e o proxecto de seguridade viaria no acceso a Portosín. Pola súa banda, en Boiro acometeranse os pantaláns para embarcacións bateeiros en Cabo de Cruz cunha partida de dous millóns de euros que forma parte dun proxecto integral que ascende ós sete millóns. Ribeira recibirá un investimento dun millón para os colectores da EDAR. Tamén máis dun millón de euros irán destinados ó concello de Noia: unha partida próxima ós oitocentos mil para melloras portuarias, outra de douscentos mil para actuacións en materia de saneamento e trescentos mil para eficiencia enerxética. Ademais destes investimentos cómpre destacar o preto de millón e medio para a ampliación do hospital comarcal ou a reserva dunha partida de catro millón e medio repartidos en dous proxectos: a mellora do sistema de depuración e saneamento da ría e a ampliación da EDAR rianxeira. As contas autonómicas rexistran tamén un orzamento de douscentos mil euros para obras nas áreas de rehabilitación integral de Muros, Noia e Rianxo.