Ata este domingo a Policía Local relizará a vixianza do estado dos vehículos

Pontevedra >Dende hoxe e ata o domingo 21 de xaneiro desenvolverase unha campaña de tráfico, organizada pola Dirección Xeral, á que se unirá a Policía Local de Pontevedra. O obxectivo principal a prevención de accidentes, para isto realizarán a vixilancia das condicións dos vehículos e, ao mesmo tempo, os axentes locais levarán a cabo outra campaña de control de distraccións ao volante.

Dende hoxe e ata este domingo 21 de xaneiro a Policía Local controlara o estado dos vehículos, unha campaña organizada pola Dirección Xeral de Tráfico, á que suma unha nova campaña ante as distraccións ao volante.

En relación coa campaña desenvolvida pola DXT prestarase especial atención ao estado dos pneumáticos, ao estado dos focos e das lámpadas de iluminación , ás matrículas e a que a documentación se atope actualizada. O principal obxectivo destas campañas é a prevención dos accidentes de tráfico.

Durante o ano 2016 resultaron feridos como consecuencia de accidentes de tráfico 149 persoas, deles 18 resultaron feridos de gravidade. Segundo a Policía Local, un gran número destes accidentes evitaríanse cunha adecuada atención á estrada.