Pedaladas condena a agresión ós ciclistas e reclama respecto no uso común das vías

PONTEVEDRA> Dende a Asociación ciclista Pedaladas condenan a agresión, que consideran un exemplo extremo da violencia vial que sofren os colectivos vulnerables na vía pública, isto é, ciclistas e peóns. Nunha reunión mantida esta mañá coa subdelegada do goberno, solicitaron a apertura dunha investigación do incidente por parte da fiscalía.

Todos Temos cumprir as normas e respectarnos no uso común das vías. Isto é no que se debería insistir segundo a asociación Pedaladas.

Entre outros temas xa axendados para a xuntanza que tiveron hoxe na subdelegación de goberno, Pedaladas solicitou que se investigue o suceso ocorrido onte por parte da fiscalía.

Lembrou sen embargo que isto foi un caso aillado.

No encontro tamén se falou do paseo ciclista e peonil entre Pontevedra e Marín, que xa se incluíu nos últimos anos nos orzamentos do Estado pero que aínda está pendente de execución.

Para reclamar que se poña en marcha xa este proxecto teñen convocada  unha “bicifestación” este domingo, 28 de outubro.