PONTEVEDRA> O alcalde de Pontevedra recibiu esta mañá no concello ó deportista Manuel Ojea, que ven de proclamarse en Ibiza campión europeo de duatlón na categoría de 55 a 59 anos.
Manuel Ojea é un exemplo de actividade deportiva para a cidade. Así o definiu o alcalde de Pontevedra esta mañá durante a recepción oficial no concello.
O deportista pontevedrés vense de proclamar campión europeo de duatlón no seu grupo de idade, de 55 a 59 anos. Tamén conseguiu a medalla de prata na modalidade de Cross e o bronce na distancia Sprint de duatlón. Os éxitos acadados teñen un sinxelo segredo.
A piques de cumprir os 60 anos, Manuel Ojea xa pensa no Festival Multideporte que se celebrará en Pontevedra no 2019.
Se a normativa o permite, competirá polo menos en dúas probas.
As medallas acadadas en Ibiza súmanse ás conseguidas en anos anteriores tanto nos mundiais coma nos europeos de duatlón, nos que suma éxitos en distintas modalidades.