O BNG apoia a ILP de SOS Sanidade Pública a prol do reforzo da Atención Primaria

PONTEVEDRA> Acto do BNG en Pontevedra en defensa da sanidade pública. O voceira nacional achegouse esta mañá á cidade, que forma parte da área sanitaria que os nacionalistas consideran como a zona cero do deterioro asistencial. Ana Pontón reclamou á Xunta de Galicia mellorar as condicións do persoal e incrementar o orzamento para a Atención Primaria nun 2,2% nas contas do 2023. Aumento que suporía uns 200 millóns de euros máis.

Pontevedra acolleu hoxe a recollida de sinaturas da iniciativa lexislativa popular que quere reclamar máis recursos para a Atención Primaria galega. Unha campaña que conta co apoio do BNG, que asegura que a situación na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés exemplifica a situación da sanidade pública.

Dende Pontevedra, Ana Pontón reclamou á Xunta que comece a traballar para recuperar a sanidade pública. Un obxectivo para o que é fundamental contar con máis recursos.

Segundo a líder nacionalista, neste 2022 a Atención Primaria contou con 47 millóns de euros menos de orzamento que no 2009. Situando a Galicia como a cuarta autonomía que menos inviste neste nivel da sanidade pública.

Un deterioro que deriva, aseguran dende o BNG, de decisións políticas de deliberadas do Partido Popular.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí