O arranxo da cuberta e a mellora da accesibilidade centran a reforma de Venecia

POBRA> O concello da Pobra acometerá unha reforma integral no pavillón polideportivo de Venecia. A execución das obras, orzamentadas en máis de trescentos mil euros, financiarase con cargo ó remanente de tesourería.

O bo estado das contas municipais na Pobra permitirá ó executivo acometer a reforma do pavillón de Venecia. Destinarán á actuación trescentos doce mil euros dos máis de setencentos mil con que conta o remanente de tesourería.

Precisamente a substitución da cuberte será a  actuación máis destacada do proxecto á que se destinará a metade do presuposto.

Acometeranse ademais unha serie de obras para garantir a accesibilidade das instalacións substituíndo os escalóns  por ramplas e coa construción de baños adaptados.

Procederase tamén á substitución de elementos estruturais en mal esatdo e á mellora estética do inmoble con pintado e reforma da fachada e novo alumeado.