A POBRA> O concello da Pobra presentaba esta mañá un adianto da exposición ‘Retratos na memoria’. Este proxecto xurde da colaboración do concello da Pobra co centro de día e dous artistas , encargados de plasmar en fotografías e pinturas ós usuarios do centro.
O obxectivo de Paola e o pincel de Andrés, dous colombianos afincados na Pobra, está detrás de ‘Retratos na memoria’, un proxecto artístico que busca plasmar a experiencia de vida dos usuarios do centro de día da Pobra.
Hoxe presentábase un adianto da exposición que verá a luz ó completo en novembro, cando se poderá visitar na Casa da Cultura Raquel Fernández Soler. Inmerso no proceso de creación dos 18 retratos, o seu autor nos relataba o proceso creativo no que inviste horas e horas de traballo para conseguir o mellor resultado.
En vista deste adianto, o resultado está a ser do máis positivo, especialmente para os usuarios do centro de día que están a gozar da experiencia de converterse en modelos artísticos.











