O Partido Popular acusa ó executivo local de querer engañar ós veciños

POBRA> Continúa a polémina polo desenvolvemento do polígono de vivendas número 2, entre a rúa Nova e o Lagar.  os populares non entenden como convocan agora ós posibles afectados dez días despois de rematar o prazo de alegacións.

Para o PP as formas empregadas polo executivo de Nós Pobra non son as correctas. Segundo o voceiro desta formación política, Manolo Durán, non se entende como agora o goberno municipal, dez días despois de rematar o prazo de presentación de alegacións, convoca ós veciños para informalos da modificación urbanística prevista para esta bolsa de vivendas no Poligono 2.

Tampouco entenden como o executivo local pretende situar na zona en terreo de uso dotacional o futuro centro de saúde, sen ter consultado anteriormente coa consellería de Sanidade para saber as súas esixencias para construir o novo dispensario.