Lousame promove a ‘Educación en Familia’

    LOUSAME> O concello de Lousame vén de poñer en marcha o programa Educando en Familia. Esta iniciativa proporciona ás familias con nenos menores de tres anos un espazo de encontro para compartir experiencias educativas.

    Seis familias de Lousame iniciarán o programa Educando en Familia, que vén de poñer en marcha o concello. Trátase dunha actividade socioeducativa que pretende poñer en común as experiencias de diferentes familias con nenos menores de tres anos.

    As sesións desenvolveranse no punto de atención á infancia, os martes de once a doce e media durante o curso escolar. Os participantes exporán os seus puntos de vista sobre a educación e o desenvolvemento evolutivo nos nenos guaidos pola educadora familiar Pilar Calvo. Ó remate de cada sesión grupal haberá unha titoría individualizada.

    Aínda quedan prazas libres ata completar o máximo de doce familias. Os interesados poden inscribirse no departamento de servizos sociais. A asistencia é gratuíta.