RIBEIRA> Como xa fixera o pasado ano, o concello de Ribeira destinará preto de dezanove mil euros a estas cinco entidades sociais. A Creba, AMICOS, Ambar, Amigos de Galicia e Faiben reciben a través destes convenios un pequeno impulso para seguir a desenvolver o seus programas de integración ó longo deste exercicio.
Ademais destas axudas anuais con cargo ós fondos municipais, o alcalde expresou a súa intención de seguir colaborando en accións puntuais así como a vontade de tódolos grupos da corporación de incrementar as partidas de axuda de cara ó 2019.
Así mesmo, dende o executivo plantexaron ás entidades a súa participación nun mercado de Nadal que vai organizar o departamento de Servizos Sociais.









