A CIG volve á rúa o 15 de abril para reclamar unhas pensións dignas

VILAGARCÍA> A CIG volverá saír á rúa reclamando unhas pensións dignas. A central nacionalista convocou para o vindeiro 15 de abril unha manifestación en Vilagarcía. Dende o sindicato apuntan a que o problema das pensións é unha cuestión política, non económica.

A CIG retoma o seu calendario de protestas en defensa do sistema público de pensións. A central nacionalista convocou manifestacións por toda Galicia para o vindeiro domingo 15 de abril. En Vilagarcía, a protesta está prevista para as 12 do mediodía, partindo da Casa do Mar. Dende o sindicato, fan un chamamento á cidadanía para que participen nos actos reivindicativos. Segundo apuntan, a defensa das pensións non só é un problema que afecte ós maiores, senón que é unha cuestión que tamén vai repercutir no futuro nas xeracións máis novas.

Dende a central nacionalista indican que a cuestións das pensións non é un problema económico, senón un asunto político.

Dende A CIG indican que esta cuestión non é nada novo, senón que as agresións ó sistema público de pensións se levan producindo en España, dende tempos de Felipe González.