PONTEVEDRA> A tecnoloxía xa é unha ferramenta de traballo totalmente integrada nas aulas. Os máis pequenos empregan a técnica para aprender ademais de para entreterse. Achegámonos a unha clase de primaria en Pontevedra para coñecer de primeira man o que estes cativos fan cun sinxelo kit de robótica.
A tecnoloxía é xa un elemento máis dos espazos educativos. Os máis pequenos familiarízanse dende moi pronto con conceptos técnicos e de programación.
Aínda que a “introdución á robótica” se destina a alumnos de 5º e 6º de primaria, a intención é que vaia calando en tódolos niveis.
O CEIP Froebel, en Pontevedra, comezou con esta experiencia o ano pasado, e pola boa acollida por parte do alumnado este ano continúan co programa.
As actividades organizadas entorno á tecnoloxía intégranse no programa educativo.
A estas alturas do curso escolar, os alumnos xa poden presentarnos algúns dos seus proxectos.
Os máis cativos téñeno claro, estudar así é máis doado e divertido.
A robótica non resulta un elemento alleo para estes alumnos, que están acostumados a convivir co ordenador, o seu novo compañeiro na aprendizaxe.
Tanto o profesorado coma os alumnos téñeno claro, a tecnoloxía ten chegado ás escolas para quedar.