Rianxo organiza un amplo programa de actividades contra a violencia de xénero

RIANXO> O concello de Rianxo súmase por segundo ano á campaña ‘En negro contra a violencia’. Ademais das accións simbólicas de sensibilización desenvolverán un amplo programa de actividades nas que colaboran tódolos departamentos municipais.

Rianxo integra esa longa lista de máis de cen concellos galegos que  cada mes de novembro se visten de negro para rexeitar a violencia machista. Nesta edición da campaña, o concello rianxeiro optou por mesturar o negro coa luz dando como resultado un amplo programa de actividades nos que colaboran non só as diferentes concellerías senón tamén os axentes sociais do municipio.

Un dos proxecto máis innovadores e chamativos é o ‘Pingas de Luz’ que bota a andar o 19 deste mes.

Os departamentos de Cultura e Deportes tamén se implicaron no deseño transversal deste programa con numerosas actividades que se intensificarán na propia semana do 25N.

Pola súa banda, a hostalería e o comercio volverán implicarse masivamente nesta campaña. Non só coa colocación de cartelería, como o pasado ano, senón tamén cun obradoiro de escapartismo.

Non faltarán tampouco outras iniciativas como os obradoiro de autodefensa para mulleres, as lecturas contra violencias na biblioteca ou a elaboración dunha palestra por parte das milleres deportistas, entre outras.