A provincia rexistra unha ocupación media do 63,8% en setembro e a Boa Vila do 75%

PONTEVEDRA> A provincia de Pontevedra rexistrou no mes de setembro unha ocupación media do 63,8%. Uns datos que, segundo a presidenta da Deputación, situaron a Pontevedra como a provincia galega onde máis medrou o turismo. Ademais, na Boa Vila chegouse incluso ata o 75%.

O mes de setembro deixou na provincia unha ocupación media do 63,8%. Por comarcas, na do Salnés rexistrouse un 62,5% e na de Pontevedra un 67,6%. Na propia cidade do Lérez conseguiuse superar incluso o 75%. Uns datos que valorou así esta mañá a presidenta da Deputación.

Por sectores, no turismo rural a ocupación media foi do 40%, nos albergues do 66,2% e nas vivendas turísticas do 77,25%. Este último dato chegou a ser do 82% na primeira quincena de setembro. Na parte económica, a presidenta da Deputación asegurou esta mañá que cada ano se melloran os resultados.

Carmela Silva tamén quixo destacar o incremento de persoas procedentes do estranxeiro. Unha cifra que en setembro representou o 20% do total dos turistas que visitaron as oficinas de Turismo Rías Baixas. En canto os motivos principais polos que nos visitan, segue a destacar a cultura, o ocio e a natureza.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí