Concertos, cócteles e posta de sol para gozar doutra edición de “As 9 na praia”

VILAGARCÍA> Tony Lomba e Moncho Lemos son os artistas destacados que actuarán no chill-out “Ás 9 na praia” en Vilagarcía. O evento organizado por Ahituvi ofertará este ano como novidade bebidas saudables. As actuacións terá lugar do martes 6 ao domingo 11 na praia da Compostela.

A Asociación de hostaleiros de Vilagarcía pon en marcha unha nova edición do chill – out “Ás 9 na praia”. Un evento que leva á Compostela a diferentes dj´s mentres podes gozar dun cóctel e da posta do sol. Unha actividade para todos os públicos que dende o concello agardan que repita o éxito do ano pasado.

O evento terá lugar do 6 ao 11 de agosto e contará con actuacións de artistas nacionais e locais.

A novidade deste ano é que se porán á venda bebidas saudables.

A pesar da proposta que ofrece Ahituvi con concertos e cócteles na praia mentres se goza da posta do sol, as bebidas terán prezos populares como os de calquera outro establecemento do concello. O presidente da asociación de hostaleiros asegura que é un evento para asistir coa familia, con amigos ou en solitario xa que non faltará nin a boa música nin actividades que facer.