O concello de Pontevedra estuda como mitigar as inundacións despois dunha fin de semana ‘intensa’

PONTEVEDRA> Dende o concello de Pontevedra explican que a fin de semana foi moi complicada para os efectivos de emerxencias municipais. O goberno local recoñece que se trata dun problema recorrente pero consideran que ten difícil solución. Agora se estuda unha proposta da concellería de Medio Natural: a creación de bolsas de inundación naturais en Valdecorvos.

A fin de semana foi intensa tamén para os servizos de emerxencias do concello de Pontevedra.

O deseño urbanístico da zona da rúa Padre Fernando Olmedo e a cota baixa na que se encontra contribúen a que os asolagamentos se repitan con certa frecuencia.

Segundo Vilaverde, ata o de agora o concello non atopou ningunha solución á problemática, aínda que traballan para conseguir mitigar estas inundacións. Sobre a mesa, está unha proposta da concellería de Medio Natural, que pasa por crear bolsas de inundación naturais en Valdecorvos.

O proxecto está a ser avaliado a día de hoxe por Augas de Galicia para analizar a súa viabilidade.

Segundo Puentes, a actuación tería un custo aproximado de 700.000 euros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí