A D.O. Rías Baixas presenta un novo protocolo de seguridade de cara á vendima

PONTEVEDRA> A Denominación de Orixe Rías Baixas pon en marcha un protocolo de prevención do coronavirus. Co obxectivo de garantir a seguridade de todos os traballadores, estanse a realizar tests serolóxicos a todos os axentes implicados na presenta campaña da vendima. Unha campaña que comezara o 1 de setembro.

Co obxectivo de garantir a maior seguridade fronte á Covid-19, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas puxo en marcha un novo protocolo. Unhas normas de prevención dirixidas a todo o persoal implicado na presente campaña da vendima e coordinadas coa Consellería de Sanidade.

Esta mesma semana comezáronse a realizar os test serolóxicos de detección de anticorpos á todas as persoas involucradas na vendima. Uns tests que se están a facer nos tres hospitais da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.

Ademais destes tests, o Consello Regulador porá a disposición de todo o persoal implicado na vendima diferentes materiais de protección. O obxectivo: continuar coa actividade agrícola ao mesmo tempo que se garante a seguridade de todos os traballadores.

Ademais de facilitar material de protección a todos os traballadores, o protocolo do Consello Regulador tamén establece unha serie de pautas que deberán seguir todos os auditores e adegas a nivel persoal.

En canto ás previsións do comezo da vendima, todo parece indicar que esta campaña arrancará a vindeira semana.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí