Franciso Calo ultima o reparto das áreas do novo goberno de Outes

OUTES> Dúas semanas despois de converterse en alcalde de Outes, Francisco Calo está a ultimar a estrutura do novo goberno. Entre os seus principais obxectivos a curto prazo destaca a atención ás necesidades veciñais e a elaboración dos orzamentos.

Hai apenas 15 días Francisco Calo convertíase no novo alcalde de Outes tras prosperar a moción de censura contra o seu antecesor, Manuel González. Dende entón , a prioridade do novo rexedor foi poñerse ó día das principais necesidades do concello a través da toma de contacto con todo o persoal municipal. Tamén está a traballar intensamente no reparto das áreas do novo goberno, a piques de pecharse e que se fará público nos próximos días.

Unha vez conformado o executivo, un dos seus  principais obxectivos a curto prazo será dar respostas ás demandas dos veciños para o que será preciso contar cun orzamento  adaptado ás necesidades do municipio.